{"id":1049,"date":"2021-10-25T09:40:31","date_gmt":"2021-10-25T09:40:31","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sdnegreira.es\/?p=1049"},"modified":"2021-10-25T09:42:05","modified_gmt":"2021-10-25T09:42:05","slug":"o-negreira-consegue-a-segunda-vitoria-do-curso-3-1-ante-o-tordoia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.sdnegreira.es\/2021\/10\/25\/o-negreira-consegue-a-segunda-vitoria-do-curso-3-1-ante-o-tordoia\/","title":{"rendered":"O Negreira consegue a segunda vitoria do curso 3 \u2013 1 ante o Tordoia"},"content":{"rendered":"\n
Traballado segundo triunfo da SD Negreira perante un\ncombativo SD Tordoia que plantou cara nun campo Jes\u00fas Garc\u00eda Calvo que viu coma\no equipo acadaba a s\u00faa primeira vitoria na casa ao vencer por 3 goles a 1 na\ntarde do domingo 24 de novembro.<\/p>\n\n\n\n
Non ser\u00eda ata o minuto 39 cando nunha de tantas chegadas \u00e1\nmeta contraria, o cadro vermello lograr\u00eda o primeiro tanto obra de Jos\u00e9 Caama\u00f1o<\/strong> para abrila lata. Con esa\nvantaxe chegouse ao descanso, pero na reanudaci\u00f3n, o Tordoia deu un paso \u00e1\nfronte e nunha acci\u00f3n illada aproveit\u00e1base dun despiste defensivo para bater a\nBerdullas no man a man co dianteiro Denis Pose, quen pr\u00e1cticamente s\u00f3 tivo que\nempurrar o bal\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n Ese gol non alterou os plans de Chus Baleato e os seus. O\nt\u00e9cnico deulle \u00e1nimos aos seus xogadores e pediu que tivesen maior produndidade\npolas bandas, consciente de que o gol acabar\u00eda chegando. E as\u00ed foi. Corr\u00eda o\nminuto 72 e Gonzalo Su\u00e1rez<\/strong> anotaba o\nsegundo nunha espl\u00e9ndida chegada pola dereita do ataque local.<\/p>\n\n\n\n Once minutos despois co partido pr\u00e1cticamente sentenciado\nchegar\u00eda o terceiro tanto, marcado en propia porta por un defensa do Tordoia\nquen cabeceou por toda a escadra un bal\u00f3n centrado por Jos\u00e9 Caama\u00f1o dende o\nfranco esquerda do ataque do Negreira. <\/p>\n\n\n\n SD Negreira<\/strong>: Berdullas; Juanjo, Benda\u00f1a, Paco,\nJuan Diego; Marcos Garc\u00eda (Xaco Vidal, min 87), Canabal, Gonzalo Su\u00e1rez, Jos\u00e9\nCaama\u00f1o, Piki (Ux\u00edo, min 80) e Berto Rial (Juli\u00e1n, min 87).<\/p>\n\n\n\n Non haber\u00e1 Liga ata o domingo 7 de novembro cando visitaremos\no campo do CD Baio<\/strong>. E o seguinte\npartido na casa ser\u00e1 diante do CD Belvis<\/strong>,\no domingo 14 de novembro.<\/p>\n\n\n\n