Horarios partidos ida Fase Previa Copa do Rey

Horarios partidos ida Fase Previa Copa do Rey

Xa temos horarios dos partidos de ida da Fase Previa da Copa do Rey 2025, na que nos enfrontaremos ao equipo Cántabro do Textil Escudo.

O horario establecido está para as 18:00 h. no Campo Juan Maria Parés Serra de Cabezón de la Sal. Os nosos deixarán aparcada a competición ligueira para centrarse neste partido histórico que pode significar entrar na Copa do Rey e xogar contra un equipo de LA LIGA EA SPORTS, que según as normas desta edición pode ser o RC Celta ou o Real Oviedo.

Os discípulos de Adrián Vázquez tratarán de traer un bo resultado de terras Cántabras para ter opcións no noso campo.

Espérase que máis dun cento de seguidores acompañarán ao equipo neste trascendental choque.

Moita sorte e boa viaxe!!


Síguenos en twitter