
Maximino comezou a súa andaina deportiva nas filas da S.D. Negreira nos anos 60.Sendo aínda xuvenil marcharía para o Santiago e de alí, despois de demostrar o seu talento, daría o salto o fútbol profesional nun equipo Asturiano que militaba na 2ª división; a Union Popular de Langreo. O seu paso por este equipo foi efímero, xa que sufriría unha grave lesión, que casi o aparta do fútbol.Despois dunha longa recuperación, volta para Galicia, e recala no Arousa, pero non pode rendir ó máximo nivel e decide apartase dos terreos de xogo.Anos máis tarde, xa na década dos 80, volta ós campos de fútbol, pero como adestrador, primeiro con equipos xuvenís e máis tarde faixe cargo do Negreira, remata o seu periplo noutros equipos da comarca como o Bertamiráns C.F. ou o Agrón C.F.

Alvite, que así é como se lle coñece no mundo do fútbol, comenzou a súa andaina na S.D.Negreira, onde militou varias campañas de aquí dou o salto ó C.D. Lugo onde estivo 14 tempadas consecutivas, colleitando grandes logros. «Colleu a capitanía en 1987, e a partir de ahí, todos os anos, nunha votación entre todos os membros da plantilla foi sempre elexido capitán, ata que se retirou.Un histórico gol de cabeza do “gran capitán” significou o Ascenso do Lugo a 2ª División, nun épico partido contra o U.E. San Andreu de Barcelona na tempada 1991-92.

A pesar do seu efímero paso como xogador do Negreira nos anos 80, a súa carreira como adestrador dos grandes clubs galegos, fixo que fora un dos máis importantes da Liga Española..Fillo de familia numerosa; profesor de inglés en Noia e Arzúa (A Coruña), empezou a colaborar nas escolas deportivas de fútbol e despois, como adestrador profesional.Destacan entre os seus maiores logros, os ascensos do Lalín desde rexional ata Segunda B, o subcampionato de inverno co Compostela (95-96) na 1ª División, o ascenso co Celta de Vigo na tempada 2004-05 e conseguir clasificalo para a Copa da UEFA na seguinte campaña (2005-06).Tamén adestrou o RC Deportivo na tempada 2013/14. Foi adestrador da Selección Galega de fútbol, xunto con Arsenio Iglesias.