Negreira é un municipio de Galicia (España) que se atopa ó Oeste de Santiago de Compostela. Limita cos municipios de Ames, A Baña, Brión, Outes, Mazaricos e Santa Comba, na provincia da Coruña.
Negreira é a capital do Val de Barcala, que forma conxuntamente co Concello de A Baña.
A Vila de Negreira ocupa una situación estratéxica entre o que foi a gran vía per loca marítima que, dende Grandimirun (Brandomil), levaba a Aquis Celenis (Caldas de Reyes), e a vía fluvial doTambre, que comunica as comarcas do centro de Galicia coas costeiras de Noia. Asentada no val do Río Barcala, é hoxe o centro comercial dunha comarca que mantén a vila cun movemento demográfico positivo.
Asimesmo a cercanía a Santiago de Compostela e a construcción do corredor Santiago-Noia, que posibilita realizar o traxecto entre Negreira e Santiago en 15 minutos, xunto ó prezo da vivenda (moito menor que en zonas próximas como Bertamiráns ou Brión), provocan que o pobo esté experimentando un crecemento da poboación continuado.