O Textil Escudo rival na Fase previa da Copa do Rey

O Textil Escudo rival na Fase previa da Copa do Rey

Os nosos deberán superar esta eliminatoria para enfrontarse a un equipo de Primera División

A SD Negreira terá un cita coa historia ante SD Textil Escudo equipo de Cabezón de la Sal (Cantabria) para pasar de ronda na Copa del Rey e entrar no grupo dos equipos que se enfrontarán na primera eliminatoria a un conxunto de Primeira División. 

A ronda previa xógase en formato ida e volta, o primeiro partido será o 27 de setembro e Cantabria, mentras que a volta no García Calvo será o 4 de outubro.

SD Textil Escudo é un conxunto que compite na Rexional Preferente cántabra, categoría equivalente a Preferente galega, e que chegou a esta fase previa tras alzarse coa Copa Vicente Pérez Soberón vencendo a SD Gama por 0-1 na final. 

A SD conseguiu clasificarse para esta fase previa ao resultar vencedores da Supercopa de Galicia tras gañar por 1-0 no global ao Cultural Areas, na final dunha competición que se xogou a ida e volta e terminou decidíndose no noso campo.


Síguenos en twitter