
Mes de marzo clave para o equipo
Vindeiros partidos:
O mes de marzo preséntase como un mes clave para o fúturo da SD Negreira, xa que despois da victoria contra o AD Miño do pasado domingo, veñen partidos que poden definir o final de Liga.
- martes 4: 1/8 de final da Copa do Sar
AGRÓN BARCALA CF – SD NEGREIRA
Derbi dos dous equipos senior do Val de Barcala, duelo de históricos nos banquillos con Adrían Vázquez e Uxío Castro. Preséntase como un partido con moitos ex-xogadores nas filas do equipo amarillo como Chapela, Munín, Julián ou Nacho, que de seguro porán as cousas difíciles neste emocionante encontro.
- domingo 9: Xornada 25 de Liga
CD O VAL – SD NEGREIRA
Os de Narón chegan en boa dinámica a este partido, xa que levan un mes sin coñecer a derrota.
Partido trascendental para a salvación do equipo de ferrolterra.
- domingo 16: Xornada 26 Liga
SD NEGREIRA – CIDADE RIBEIRA
Recibimos os ribeirenses nun partido clásico desde fai varios anos nos que os enfrontamentos son moi disputados e igualados.
- domingo 23: Xornada 27 Liga
CLUB LEMOS – SD NEGREIRA
Visita a Monforte nun partido no que os locais non queren achegarse os postos de descenso polo que tratarán de acadar a victoria por todos os medios.
- domingo 30: Xornada 28 Liga
SAN TIRSO SD – SD NEGREIRA
Quizas o partido co rival máis en forma de todo o mes, un equipo que no seu campo e casi imbatible.