Meritorio empate do Negreira en Vilalonga

Meritorio empate do Negreira en Vilalonga

O Vilalonga intentouno pero atopouse cunha ordeada defensa e cun incomensurable Rodri. O duelo ante o Negreira, decisivo porque era fronte a un a rival directo, foi unha mostra máis das dificultades para marcar dos locais. Os de Luís Oliveira perseveraron, por momentos angustiaron ao rival, pero ese empuxe que mostraban afrouxábase como unha gasosa mala cando tiña que aparecer a éxtase. Aos celestes fáltalles punch, poderío e puntería na súa vangarda e non parece que ese déficit teña fácil solución. O primeiro susto do partido, de todos os xeitos, deuno o Negreira. Aos nove minutos Miguel lanzou desde fóra da área e o balón pegou no poste. En realidade, o Negreira non estivo nada mal na primeira parte, outra cousa foi a segunda, cando se refuxiou na cova e apenas tentou algunha excursión fóra dela e tivo un par de oportunidades para adiantarse no marcador. A xa referida de Miguel e outra cando o período inicial estaba a piques de concluír: Quintairos rematou á media volta un centro desde a esquerda e Marcos fixo a parada da mañá para enviar o balón a córner.

Na segunda parte o equipo local foi quen levou a voz cantante. Tentando xogar o balón desde atrás e tamén con aproximacións perigosas. As máis claras, unha de Agus ( min 22) e outra de Hugo ( min 27). Foi un monólogo celeste ante un Negreira moi replegado. A relación de oportunidades moi claras abriuna Rey no 47. Pouco despois chegou unha dobre ocasión diáfana na que o protagonista foi Rodri. Primeiro salvando ante Agus e logo, no rexeitamento, gañando a partida a Hugo. Era o minuto 56 e no 58 rematou Nico lixeiramente desviado un lanzamento de falta.

Solo había un equipo , pero o que lle faltaba a puntería. Agus tuvo outra no 62 e Diego no 71 tras un saque de esquina. A máis clara chegou xusto despois, cando Diego puso un magnífico balón desde a dereita o borde da área que Agus mandou ás nubes en inmellorable posición. Logo chegaría a expulsión de Rubén e contra dez o Vilalonga estivo peor. Empate sin goles e o conxunto celeste cumple unha volta sen gañar, neste partido, gracias o traballo en defensa do coxunto roxillo

 


Síguenos en twitter