adrian

𝗧𝗥𝗘𝗦 𝗔𝗡𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗚𝗟𝗢𝗥𝗜𝗔: 𝗚𝗥𝗔𝗭𝗔𝗦 𝗣𝗢𝗥 𝗙𝗔𝗖𝗘𝗥𝗡𝗢𝗦 𝗛𝗜𝗦𝗧𝗢́𝗥𝗜𝗖𝗢𝗦, 𝗔𝗗𝗥𝗜𝗔́𝗡!!

Hoxe as emocións desbórdanse na SD Negreira. Adrián Vázquez decide pechar a súa etapa como adestrador do noso primeiro equipo e non renovará para a vindeira tempada. Non vai ser fácil imaxinar o banco sen él, porque non se despide un adestrador calquera: despídese o artífice de tres anos absolutamente lendarios.

Baixo a túa batuta, míster, devolviches o club ó máis alto, cun palmarés que xa é historia viva do noso club:

🏆 𝐓𝐞𝐦𝐩𝐚𝐝𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟑-𝟐𝟎𝟐𝟒: O rexurdir dun campión
• Campións e ascenso directo desde a Primeira Autonómica ata a Rexional Preferente. Un ano de unión onde sentamos as bases de todo o que estaba por vir.

🥇 𝐓𝐞𝐦𝐩𝐚𝐝𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟒-𝟐𝟎𝟐𝟓: Un fito histórico e o playoff
• 2º clasificados en liga logrando disputar o vibrante playoff de ascenso a Terceira División.
• Subcampións da Copa Deputación, o que nos abriu as portas para grandes citas.
• Campións da Copa do Sar: Alzamos a nosa primeira Copa do Sar na historia do club! Un título inesquecible que marcou un antes e un despois.

✨ 𝐓𝐞𝐦𝐩𝐚𝐝𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟓-𝟐𝟎𝟐𝟔: Reis de Galicia, a Copa do Rei e o bicampionato
• Campións da Supercopa de Galicia: Tocamos o ceo autonómico ao proclamarnos campións absolutos!
• A fazaña do Textil Escudo: Superamos unha eliminatoria previa memorable que nos abriu as portas do fútbol profesional.
• Noite de Copa do Rei: Fixemos ruxir o Jesús García Calvo recibindo á Real Sociedad. Un orgullo total enfrontar en partido oficial aos que despois foron campións.
• 3º clasificados en liga para volver loitar no playoff cara a Terceira RFEF.
• Bicampións da Copa do Sar: Pechando o ciclo da forma que máis che gusta.

GRAZAS ETERNAS!