videomarcador

NOVO VIDEOMARCADOR

𝗢 𝗝𝗘𝗦𝗨́𝗦 𝗚𝗔𝗥𝗖𝗜́𝗔 𝗖𝗔𝗟𝗩𝗢 𝗫𝗔 𝗧𝗘𝗡 𝗩𝗜𝗗𝗘𝗢𝗠𝗔𝗥𝗖𝗔𝗗𝗢𝗥 🏟️📺

O pasado domingo inauguramos oficialmente o novo 𝘃𝗶𝗱𝗲𝗼𝗺𝗮𝗿𝗰𝗮𝗱𝗼𝗿 do noso campo. Un acto no que participaron o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, e o noso presidente, Julián Ferreiro Rodríguez 🤝🔴🔵

Esta gran mellora, froito da colaboración entre o 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝗡𝗲𝗴𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 e o club, supón un salto de calidade para as nosas instalacións. Coa nova pantalla, o Jesús García Calvo modernízase:

✅ Función de marcador de última xeración.
✅ Publicidade dinámica para dar mellor visibilidade aos nosos patrocinadores.
✅ Contido multimedia, vídeos e a posibilidade de emitir partidos e outros eventos en pantalla grande.

Grazas ao Concello polo seu compromiso co deporte local.

Na 𝗦𝗗 𝗡𝗲𝗴𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 seguimos medrando para ofrecer o mellor á nosa afección! 💪✨