Marzo e abril claves para a SD Negreira

Marzo e abril claves para a SD Negreira

A SD Negreira afronta dous meses claves para o seu futuro na categoría, xa que xogará con rivais directos pola permanencia.

Na primeira volta o equipo foi que de acadar os triunfos contra o Ordes, Foz e Agolada pero estes equipos reforzaronse na 2ª volta e vanlle a poñer as cousas difíciles o equipo roxillo.

A mellor nova para o Negreira e a recuperación dos mancados como Santaló que xa xogou contra o San Tirso e José Caamaño que se espera que empeze a adestrar co grupo en breve.

Moito ánimo nestes encontros para poder conseguir o obxectivo.


Síguenos en twitter