O CD Belvis vindeiro rival en Liga

O CD Belvis vindeiro rival en Liga

O equipo de Santiago despois de acadar o ascenso na tempada 2019/20 tratará de poñernos as cousas difíciles o vindeiro domingo 14 de novembro na 4ª xornada de Liga na 1ª Autonómica.

Os nosos xogadores veñen dunha fin de semana no que disputaron un partido contra o CD Baio no que mereceron acadar os tres puntos, pero a falta de puntería castigou o mal inicio do encontro dos roxillos.

«Temos que estar atentos e non cometer erros que nos fagan ter que xogar a remolque co marcador en contra»

O partido está marcado para as 16:30h e os Socios poderán retirar o seu carnet na entrada o Campo.

Por outra banda o equipo Alevín comenza a tempada o sábado 13 de novembro ás 11:00 en Cepelo contra o EDS Santa Marta.

Podes ver todo calendario dos Alevíns PINCHANDO AQUÍ

Xa na tarde do sábado, o noso filial Agrón-Barcala disputa o derbi contra a SD Luaña en Cepelo a partir das 19:15h.


Síguenos en twitter