O Negreira acada o primeiro obxectivo

O Negreira acada o primeiro obxectivo

O pasado domingo contra o Corme CF, a SD Negreira acadou o primeiro posto desta primeira Fase na 1ª Galicia grupo 2B.

Desta maneira o equipo pasa a segunda Fase con 5 puntos, os outros dous equipos que o acompañan serán o CD Baio con 3 puntos e o Mazaricos CF con 2.

Nesta segunda parte da competición a SD Negreira enfrontarase o CD Unión (5 ptos.), Cidade de Ribeira (3 ptos.) e Flavia SD (2 ptos.). Os partidos comenzarán o domingo 27 de marzo e o primeiro partido será contra o Flavia SD no García Calvo.

A pesar de facer unha boa primeira fase, o equipo ten que seguir nesa liña para poder quedar primeiro nesta dificil parte da competición.

Os nosos vanse a medir a tres equipos con moita xuventude e gañas de ascender, polo que se prevé que van a ser 6 partidos moi disputados.

CALENDARIO:

XORNADA 1 (27/03/2022)

SD NEGREIRA – FLAVIA SD

XORNADA 2 (03/04/2022)

CIDADE DE RIBEIRA – SD NEGREIRA

XORNADA 3 (10/04/2022)

SD NEGREIRA – CD UNIÓN

XORNADA 4 (24/04/2022)

FLAVIA SD – SD NEGREIRA

XORNADA 5 (01/05/2022)

SD NEGREIRA – CIDADE DE RIBEIRA

XORNADA 6 (08/05/2022)

CD UNIÓN- SD NEGREIRA


Síguenos en twitter