A SD Negreira incorpora a Eloy Díaz

A SD Negreira incorpora a Eloy Díaz

O Negreira ven de fichar a Eloy Díaz para o que resta de tempada, trátase dun dianteiro cunha longa experiencia en Terceira e Preferente.

Despois da marcha de Berto Rial e Julián Leis o equipo encontrábase con poucos efectivos na parcela ofensiva, polo que a dirección deportiva estivo buscando algún xogador para ese posto.

Eloy é un xogador cunha dilatada traxectoria en clubes tan importantes como o CD Boiro, SD Dubra, CD As Pontes ou UD Somozas. Os último anos estivo na SD Fisterra en Terceira e no SD O Pino en Preferente.

Trátase dun xogador corpulento bo rematador de cabeza que a bo seguro axudará o equipo a pelexar por estar no alto da clasificación neste derradeiro tramo da competición


Síguenos en twitter