Adrián Vázquez novo adestrador da SD Negreira

Adrián Vázquez novo adestrador da SD Negreira

O Ex-xogador roxillo despois do seu paso polos banquillos do Xallas CF e a SD Dubra da o paso para tomar o timón da SD Negreira na vindeira tempada 2023/24.

Este foi o primeiro movemento do novo Presidente da entidade; Julián Ferreiro, que falou na súa presentación ante os Socios dun proxecto continuista, dando protagonismo os xogadores de Negreira e reforzarse con xogadores experimentados.

«Adrián coñece os valores do club e de seguro vai a aportar o seu selo na plantilla para esta vindeira tempada»

Julian Ferreiro

O de Corneira estará acompañado como segundo adestrador por outro ilustre ex-xogador; Oscar Vidal, quen o vai a acompañar nesta aventura.

Outro dos pilares da nova directiva é a de crear categorías de base, en principio xa se confirmou a existencia de Prebenxamíns, Benxamíns e Alevíns, así como o equipo de infantís que o pasado ano competiron na Segunda Galicia.

Está convocada unha Xuntanza o vindeiro xoves 29 de xuño ás 20:30h no Auditorio da Casa de Cultura, para falar don novo proxecto dos equipos de Fútbol Base para a tempada 2023/24.


Síguenos en twitter