Viaxe en bus para o partido contra o Puebla FC

Viaxe en bus para o partido contra o Puebla FC

A SD Negreira vai a fletar un autobús de balde para poder viaxar a Pobra do Caramiñal no importante choque contra o segundo clasificado da Liga.

O encontro está fixado para as 17:00 h. no Campo Municipal da Alta e o resultado final pode distanciar a un rival directo polos primeiros postos.

A pesar da boa liña do equipo, vai a ser un partido moi disputado xa que o equipo do Barbanza está a facer unha gran tempada e na primeira volta estivo a punto de acadar a victoria no García Calvo.

Todos os seguidores e simpatizantes do equipo poderá ir en autobús con saída as 15:15 h. da Explanada do IES Xulián Magariños.


Síguenos en twitter