Todo listo para o partido do ano
O martes 28 de outubro vai a ser unha cita histórica no seo da entidade, xa que ese día vaise a celebrar o partido da Copa do Rei entre a SD Negreira e a Real Sociedad.
Este encontro vai a poñer aos nosos no mapa futbolístico español, xa que as expectativas e a repercusión mediática están a ser enormes.
Para un pobo de apenas 7.000 habitantes este acontecemento deportivo vai a ser o evento máis importante da historia de Negreira, xa que un partido oficial contra un equipo da Primeira División dificilmente se vai a poder repetir.
O Concello e o club están a facer un esforzo importante por estar a altura, sendo conscientes do que representa para un concello e club humildes.
A partir das 21:00 h rodará o balón nun campo que esta a ser preparado con mimo para que as estrelas do equipo vasco poidan demostrar a súa calidade sobre o céspede do García Calvo.
No equipo de San Sebastián temos que salientar que conta con varios xogadores internacionais como Oskarsson, Oyarzabal ou Kubo; que a pesar de pasar por horas baixas nesta tempada é un equipo dos máis importantes da Liga EA Sports 2025/26.
