COMUNICADO OFICIAL

COMUNICADO OFICIAL

Juan Cabrejo será o novo adestrador da SD Negreira para a tempada 2018/19 na Preferente Galega grupo Norte.

Juan Manuel Cabrejo Pasantes (Camariñas, 26 /05/1975) foi segundo adestrador a pasada tempada na SD Negreira con Nacho Pacios na Terceira Galega e tentará esta tempada lograr os obxectivos do equipo. Estará acompañado de dous vellos coñecidos que coincidiron con él en outros equipos: Angel Cao Casal (Ex-Ordes, Ex-SD Negreira) e David Rey Ameijenda (Ex-Compostela, Ex-Ordes).

Chégalle unha oportunidade a Cabrejo de estrearse nun banquillo e faino coa ilusión de facer un bo papel nesta dificil categoría; ogallá se podan cumplir os desexos de todos os seareiros e se poida loitar por estar nos primeiros postos.

A Directiva traballa a reo para confeccionar un plantel de garantías neste novo reto.

#AupaNegreira


Síguenos en twitter