O Negreira non logra o seu obxectivo

O Negreira non logra o seu obxectivo

Despois dunha fin de semana complicada toca facer balance da tempada:Sabedores de que ía ser un ano dificil cun presuposto axustado, a SD Negreira pelexou ata o último día por eludir o descenso, pero desgraciadamente non puidemos salvarnos.

Toca facer un novo proxecto, facelo con calma pero coa firme intención de volver a 3ª División o antes posible. Queremos agradecer a todos os xogadores que loitaron por este escudo e por estas cores, os seareiros que nos apoiaron, a xente que sufriu polo equipo e a toda a familia da SD Negreira……

Queremos desexarlle o mellor os distintos equipos como o Vilalonga FC, UD Barbadás, Noia CF, tamén descendidos, os equipos involucrados no descenso como Cultural Areas e Laracha CF, e os equipos descendidos da 2ª B CCD Cerceda e Racing de Ferrol.

Do mesmo xeito desexamos a mellor sorte os equipos inmersos na Fase de Ascenso a 2ª B, SD Compostela, Bergantiños FC, Racing Vilalbés e Alondras CF, e os equipos que intentarán subir a 2ª División RC Celta B e Fabril.

Sabemos que son momentos difíciles cheos de obstáculos, pero si estamos unidos e remamos na mesma dirección podemos acadar os obxectivos. Daremos os pasos necesarios para medrar e conquerir ser un referente no fútbol na comarca.

Aúpa Negreira !!


Síguenos en twitter