O Negreira refórzase con Angel Cao
Confirmase o regreso do centrocampista Ángel Cao Casal. En realidade, leva dende a pretempada traballando no corpo técnico, xunto a Juan Cabrejo e David Rey. Pero a partir de agora volve a ter ficha de xogador. Foi unha posibilidade contemplada cando Juan Cabrejo aceptou coller as rendas do equipo e anunciou que contaría con Ángel como axudante xunto a David Rey, pero o centrocampista estaba decidido a deixar a práctica activa. En vista dos malos resultados colleitados no último mes -con catro derrotas nos últimos cinco encontros-, a directiva que preside José Antonio Fraga convenciuno para que volva a xogar.
Ángel Cao xa militou no Negreira na tempada 2016-2017 en Terceira División, xunto o seu amigo Cea, co que coincidira na etapa no Ordes durante seis tempadas, mentres que Juan Cabrejo e David Rey, que tamén xogaran con Ángel e Cea no Ordes, despedíanse como futbolistas en activo nas filas da Sociedade Deportiva Compostela.
Esta campaña os catro volveron a atoparse no clube roxillo, nunha nova etapa tras o descenso a Preferente que, precisamente, non comenzaron ben tras sumar únicamente seis puntos nas primeiras sete xornadas. A presencia de Ángel Cao no centro do campo supón un reforzo de luxo para un equipo que está acusando as baixas por lesión de Rubén Márquez e Cea, pois o plantel está plagado de xóvenes que deron o salto desde xuvenis ou categorías inferiores.
Visita do líder
Con motivo da festividade do Pilar este venres, o equipo adianta o seu partido contra o líder As Pontes. Comenzará as cinco da tarde no García Calvo. Os ponteses, que contan os seus sete partidos por victorias, non son o rival idóneo para a reacción que agarda a afición do Negreira, décimo quinto e a tres puntos do descenso. Pero como reza o eslogan deste ano os #Loitadores non lle van a poñer as cousas fáciles.