A SD Negreira xogará a vindeira tempada na 1ª Galicia

A SD Negreira xogará a vindeira tempada na 1ª Galicia

A pesar da victoria contra o Cidade de Ribeira por 2-0 na penúltima xornada da Fase de Ascenso a Preferente, a derrota do CD Baio no Platas Reinoso contra o CD Unión, certifica que o equipo estará a vindeira tempada na Primeira Galicia.

Queda moito tempo para o inicio da tempada 2022/23, e xa estamos a traballar para mellorar e seguir defendendo as nosas cores.

Antes do partido de onte quixemos render unha merecida homenaxe a un dos capitáns, «UXÍO», supervivinte do histórico ascenso a 2ªB, e que sempre estivo a disposición do club para axudar o equipo.

Uxio, homenaxeado pola súa traxectoria no club

Agradecemos a todos os afeccionados, seareiros e amigos da SD NEGREIRA, que acompañaron o equipo nas decepcións e nas alegrías.

Esperamos que o vindeiro ano poidamos conseguir os obxectivos marcados.

#somosvermellos#somosunsentimento#sdnegreira#AupaNegreira#somosnegreira#mareavermella


Síguenos en twitter