Chus Baleato non continuará como adestrador da SD Negreira

Chus Baleato non continuará como adestrador da SD Negreira

A directiva decidiu que Chus Baleato non continúe como adestrador do equipo a próxima tempada.

A pesar do bo traballo levado a cabo durante o último ano e medio, a directiva considera que necesita un cambio na dirección do equipo para volver a ilusionar a afición moi desilusionada co tropezo na Fase de ascenso a preferente.

Despois de analizar a tempada do equipo, éste competiu ben na primeira fase da Liga, pero dou unha pobre imaxe no último treito do torneo, quedando na cuarta posición.

Para tomar esta dificil decisión a xunta directiva tivo unha longa reunión na que se acordou a non continuidade de Chus como adestrador. O técnico de Val do Dubra mostrou a súa decepción por non poder lograr o ansiado ascenso a preferente.

Dende o club agradecemos o seu esforzo e compromiso, xa que consideramos que é un dos mellores adestradores galegos e para a SD Negreira foi un luxo poder contar coa súa experiencia e bo facer. Desexamos o mellor para él e todo o corpo técnico que nos acompañou nas últimas dúas campañas, gracias por todo!!


Síguenos en twitter