A SD Negreira recibe o Dumbría

A SD Negreira recibe o Dumbría

A terceira xornada da Liga na Primeira Galicia vai a enfrontar a SD Negreira co CF Dumbría, equipo invicto nas dúas primeiras xornadas e con boas expectativas na presente tempada.

Os nosos tratarán de seguir sumando puntos para estar no alto da táboa, xa que un despiste pode facer que algúns equipos se disparen na taboa clasificatoria.

A SD Negreira pouco a pouco vai recuperando xogadores lesionados e tentará de manter a portería a cero, algo que non foi capaz nos dous primeiros partido. A pesar dos contratempos o equipo está a traballar con gañas de ofrecer unha boa imaxe no García Calvo, un campo que debe ser un fortín para lograr o obxectivo final.

O equipo visitante está formado por xogadores novos que teñen gañas de seguir medrando e demostar o potencial do fútbol da Costa.


Síguenos en twitter