A SD Negreira prepárase para o incio da Liga

A SD Negreira prepárase para o incio da Liga

O equipo roxillo estase a preparar para unha competida tempada 2022/23 na Primeira Galicia.

Os pupilos de Tomás Mougán durante o mes de agosto disputaron varios partidos amigables, para poñerse a punto neste dificil ano no que hai moitos candidatos o ascenso a Preferente. Este ano hai varios equipos que van a poñerlle as cousas difíciles a SD Negreira pero os xogadores están a dar unha boa imaxen durante este periodo de preparación.

Só quedan dous enfrontamentos antes do inicio da Competición o domingo 11 de setembro na casa contra o CD Baio. O primeiro o mércores 31 de agosto contra o CSD Arzúa equipo que milita na 3ª RFEF e o derradeiro o domingo 4 de setembro contra o SD Urdilde, ámbolos dous no Jesús García Calvo.

As baixas de Miguel e de Alberto Freire van a lastrar o equipo no inicio da tempada, pero esperamos poder suplir a súa baixa con xogadores que se adapten nesa posición do mediocampo.

O adestrador quere chegar con todos os efectivos o inicio da Liga, sen máis lesionados para ter unha plantilla ampla e versatil.


Síguenos en twitter