Os pupilos de Adrián Vázquez foron capaces de acadar bos resultados no mes de xaneiro contra dous dos equipos máis difíciles da categoría.
No partido na casa contra o Cordeiro CF, o equipo gañou despois de remontar o gol do equipo visitante gracias o traballo colectivo durante os 90 minutos. Despois de perder na primeira volta, o equipo roxillo sacouno adiante gracias o acerto de Brais e Gonzalo.
Na visita a Padrón ao Campo do Souto o equipo demostrou o bo momento no que se atopa e foi quen de gañar nun emocionante partido ante o Flavia SD por 2-3.
Durante o mes de febreiro veñen partidos duros con rivais que se están a xogar a permanencia, polo que os fai máis complicados, xa que calquer punto en disputa vale ouro.
SD Agolada, Praiña SC e SD Valiño serán os rivais da SD Negreira no mes do Entroido 2024.
Necesitamos o apoio de todos para poder seguir nos postos de privilexio.
CLASIFICACIÓN 28/01/2024
