Tomás Mougán, novo adestrador da SD Negreira

Tomás Mougán, novo adestrador da SD Negreira

O adestrador de Santiago e o club chegaron a un acordo para que sexa o preparador do equipo na Primeira Galicia durante a tempada 2022/23.

Tomás Mougán Carollo (Santiago , 1980) será o encargado de dirixir a SD Negreira. Ten experiencia na Primeira e Preferente, xa que estivo no Sigüeiro FC (co cal logrou un ascenso) e o Bertamiráns FC. Conforman o corpo técnico: Alfonso Sánchez, como adestrador de porteiros e Javier Suárez como auxiliar.

Tras varias reunións decantouse polo proxecto roxillo, no que vai a contar coa maioría do plantel da pasada tempada, coa intención de pelexar polo ascenso a Preferente.

Desexámoslle moita sorte nesta ilusionante tempada.

Aúpa Negreira!!


Síguenos en twitter